03 setembro 2007

Gonzalo

Souben neste verán da morte de Gonzalo Areán, producida seica xa hai uns meses. Só teño boas lembranzas desta boa persoa, e quero deixar constancia escrita disto. Cando eu o coñecín sendo neno, na tenda de Gonzacoca en Lalín, el xa me parecía moi maior. Tivo algúns achaques severos de saúde que anticiparon a súa xubilación. Nunca o vin de mal humor, polo contrario, sempre traballaba canturrexando algunha melodía e levando o ritmo coas mans. Cóntabame o meu cuñado que nas últimas visitas que lle fixeron xa non lles recoñecía. A derradeira vez que eu o vin fora xustamente no funeral do pai do meu cuñado: contoume que se ben a morte dun pai era
triste para o que non hai alivio era para a morte dun fillo. Falaba por penosa experiencia propia, xa que o seu fillo Luis, que conseguira seguir - e adiantar - os seus pasos na música, morrera en accidente de coche algún tempo atrás.
Moitas veces neste verán pensei en Gonzalo. Que a terra lle sexa leve, porque o seu recordo, como o do seu compañeiro Titín, ficará en nos.

Etiquetas:

1 Comentarios:

Blogger Mario said...

Síntoo moito, é unha mágoa que o agardado retorno teña tintes tristes, pero douche a benvida en calquera caso.

6:40 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home