O mellor partido do Celta
O Celta ten unha natureza especial que, sen querer ir de victimistas, xa quixeran para si outros equipos como o Atlético de Madrid. Non só polo himno oficioso, como ben dixo eue, ou polo desagradable costume de chegar ás finais - 4, contando o equipo antecesor- para perdelas. O mellor partido que na miña vida vinlle xogar ao Celta foi un no que perdeu. Pero no remate do mesmo eu levaba debuxado un sorriso na faciana que me durou varias semanas. Porque non se podía xogar mellor o fútbol, e porque entón o resultado é o de menos.
Aquel partido foi o 20 de outubro de 1998, e o rival o Aston Villa de Birminghan. Copa da UEFA. Resultado final: 0-1.
Aquela noite fun feliz de que os azares da vida me fixeran celtista.
É probable que pasen anos ata ver algo igual, pero non importa. Tampouco eu volverei ter os abdominais dos dezasete anos.
Fica a memoria, e chega ( de saudade).
Aquel partido foi o 20 de outubro de 1998, e o rival o Aston Villa de Birminghan. Copa da UEFA. Resultado final: 0-1.
Aquela noite fun feliz de que os azares da vida me fixeran celtista.
É probable que pasen anos ata ver algo igual, pero non importa. Tampouco eu volverei ter os abdominais dos dezasete anos.
Fica a memoria, e chega ( de saudade).
3 Comentarios:
Amigo bouzafría, co fútbol dijo eu que será ben facer como coa vida, que non debemos tomala moi en serio porque, como decía non sei quen, ó fin de contas non sairemos vivos dela...
En canto ó que escribes, non te pases...jejejeje Iso de que non se podía xogar mellor ó fútbol dilo porque te cega a pasión, ou porque non viches xogar a Arteche, Marcaida, Arieta, Uribe e Gainza...(teño que barrer pa casa)
Que se virás ó Gamo de Dublín en acción, non sei eu se serías tan optimista. Ou ó mesmo DiStefano. Ou a George Best, aquel tolo xenial, ainda que non tan tolo (nin tan xenial) coma Garrincha...
Pero tranquilo, que hai cousas peores que ser celtarra: com, por exemplo, ser do Corme, como son eu...(¡Ou do Athletic de Bilbao, que tampouco está mal!).
Aínda que debo decilo que o levo con honra, e que sería calquer cousa menos do Madrid, velaí tes, xa pode janar todo o que queira.
En canto ó do himno do Celta é curioso, si señor. Eu coñezo un caso curioso na liga da Costa. Un club dos fundadores desa competición, o Baio, como sempre (nun principio) andaba polo final da táboa, incorporou ó seu escudo un farolillo roxo...E aí sije, que eu sepa.
Recuerdo ese partido y otros de esa época gloriosa del Celta, donde pasabas un par de horas viendo arte, pero todo se andará y vendrán de nuevo épocas épicas y gloriosas para el gran celta.
Preguntareille ao xadrecistas de Baio se segue o farolillo no escudo.
Anónimo, as ironías co Celta doen, aínda que certamente aquelo era moi semellante á arte.
Enviar um comentário
<< Home