Colonizados
Estou escoitando a Boca da Noite e fico marabillado. Pola tarde ouvín a Jorge Coira e onte pola mañá a Manuel M Barreiro. Antonte foi a quenda de Cándido Pazó, e tódalas tardes están ao meu carón Ana Romaní,Anxo Quintela e Xía Arias e despois Xurxo Souto e coma hoxe Uxía Senlle. Góstame a Radio Galega e a súa evolución.
Lamento moitísimo non poder dicir o mesmo da nosa televisión. E nun aspecto que me interesa moitísimo, polo lecer e polo simbólico, como é a programación e información deportiva estou escandalizado.
O pasado domingo pola tardiña, no telexornal, cando en Ferrol estaban felices pola victoria nos penalties, cando en Pontevedra estaban dos nervos, empurrando na procura do terceiro gol, cando en Vigo viviamos a resaca traicioneira da victoria a rentes do Manzanares, cando na Coruña viña de rematar o derradeiro partido de Caparrós diante dos seus siareiros, ou cando en Coruxo ou Compostela agardaban novas, a televisión de todos nós ofreceunos como toda información deportiva as imaxes do día anterior de Van Nistelroy e de Lionel Messi - e despois Nadal e Alonso.
¿Estarei eu só na indignación? Non me importa, porque como galego quero que as novas principais na miña televisión sexan as que lle importan aos galegos, e négome a crer que os meus paisanos prefiran ao Madrid ou Barcelona no canto do Celta ou Deportivo, do Rácing de Ferrol ou Pontevedra, do Coruxo ou Negreira. No canto do Liceo ou Hockey Vigo, do Teucro ou Pilotes Posada, do Lobelle ou o Azkar, do Breogán ou do Rosalía.
A quen lle interese saber se Raúl ou Guti ou Ronaldinho están acatarrados e esgarran sempre pode pór calqueira das cadeas xeneralistas do Estado.
Síntome colonizado, ou que me queren colonizar, e négome.

Etiquetas: deportes, medios de comunicación
6 Comentarios:
Eu tamén gosto da Radio Galega e A boca da noite é xenial; Quico Cadaval: un fenómeno.
A TVG, salvo algún partido de fútbol, non a vexo. Fai anos a visión de Luar (creo que o programiña segue emitíndose)espantome abraiado. Aínda sigo correndo.
Apertas.
Mire, tanto insistir no asunto, señor bouzafría, xa me convenceu de volver escoitar a Radio Galega, que a tiña vetada, agás algunha excepción honrosa, dende...
No da tele estou completamente de acordo con vostede.
Às veces notan algún documental decente, pero en liñas xerais non melloraron nadiña.
Eu pouco miro a tele: o traballo, a interrede e o Leo ocupan a maior parte do meu tempo. Pero si, noto que hai demasiada propaganda de deportistas nacionais tipo héroe e a xente víveo. Semella estar máis vivo ca nunca o do pan e o circo para o pobo.
Enfin, eu nunca fun mui deportista e menos de grandes figuras que locen hoxe e mañá se extinguen.
Un saúdo.
Moitas veces pensei que os da TVG andan ás minchas. Cando fora o das vacas tolas ou o do Prestige precisabas pescudar noutras canles de comunicación a información que a presunta nosa tele te negaban.
Realmente non é que estiveran despistados, pasaba que non interesaba darnos o que acontecía no noso país. Por iso é tan lamentable a pouca evolución da tele despois do troco político, que mesmo se ve nestas cousas simbólicas. É certo que melloraron algo os informativos - home, non -, pero iso a min no me abonda.
Una cosa es seguro, muchísima más gente gallega en Galicia ha festejado el triunfo del Madrid que gente gallega lamenta el descenso del Celta. Las cosas son como quieren las mayorías aunque no nos guste.
Enviar um comentário
<< Home