27 junho 2007

A guerra

O admirado Kapuscinski deixou escrito que a decadencia do mundo obsérvabase tamén nas rutinas da guerra. Sinalaba a maldita evolución iniciada no século XX de ir trocando a porcentaxe de mortos entre soldados e civís, cada vez máis numerosa estes últimos.
Hoxendía os titulares da prensa de todo o mundo lévaa a nova da morte de seis soldados no campo de batalla. Xa non chama a atención a caída no mesmo tempo e lugar de nenos, mulleres e anciáns. Se estás en territorio bélico aumenta a túa seguridade se eres soldado.
Malos tempos.

Etiquetas:

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Malos tiempos para la lirica.

(Atención: E moi probable k fira a súa sensibilidade)

http://mindprod.com/politics/iraqwarpix.html

9:23 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Efectivamente fire a miña sensibilidade. Cando nos manifestabamos contra a daquela futura guerra de Irak ( inxusta, ilegal e estúpida ) estabamos tentando evitar esas imaxes.
Tamén me lembro das vantaxes da guerra segundo a doctrina Ana de Palacio, ministra de AAEE do Reino de España: "va a bajar el precio de la gasolina".
Sinto vergoña ante o mundo polos gobernantes que tivemos no Estado durante o periodo 2000-2004.
Que lles aproveite.
P.S.: Aínda que o blog é meu, prefiro calar o que penso deles.

5:16 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home