25 junho 2007

Decálogo de boas prácticas no deporte II

Decálogo do Deportista

I.- O deporte educa persoas para a vida. Máis que gran deportista procura ser unha gran persoa.

II.- O adestramento é fundamental para progresar. Ten continuidade e constancia.

III.- Respecta a norma, darache sentido e claridade no xogo.

IV.- Honra ao contrario, non é un inimigo, é un compañeiro de xogo. Fai amigos xogando ao teu deporte. Os resultados pasan pero os amigos perduran.

V.- Que predomine en ti o sentido do equipo, os seus intereses están por riba do lucimento persoal.

VI.- Que te coñezan máis polo teu comportamnteo que polas vitorias que consigas. O xogo limpo dignifica, o suxo envilece.

VII.- Ao finalizar os encontros saúda aos contrarios e xuíces.

VIII.- Que a honra e a nobreza sexan o teu estilo na práctica deportiva.

IX.- Xoga só polo pracer de facelo e non por satisfacer só ao teu pai/nai ou adestradores. Lembra que o propósito do xogo é a diversión, mellorar as destrezas e sentirse ben. Xoga para o teu equipo.

X.- O deporte é saúde. Practícao no teu beneficio e no da sociedade.

Etiquetas:

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Eu só coñezo un deporte no que se respecten os dez "mandamentos" deste decálogo: o rugby. E o peor é que ten fama de deporte agresivo cando non o é.

9:29 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home