Comunicado de Montreal
Na Terceira Conferencia Mundial sobre Muller e Deporte, celebrada en Montreal o ano 2002 adiantábanse no seu Comunicado final uns posibles tratamentos útiles para favorecer o desenvolvemento das mulleres no eido das actividades físico-deportivas.
No que atinxe ao marco espacial que nos correponde e en relación á actividade deportiva obxecto destes comentarios, o xadrez galego-, evidénciase que aínda temos un longo camiño por diante: No xadrez galego son poucas as monitoras, adestradoras, xuíces e organizadoras de torneos; e aínda máis escasas as mulleres en postos de dirección en clubes ou entidades deportivas.

3 Comentarios:
O primeiro paso é preocuparse polo tema, recoñecer que é un problema e que hai que solucionalo, non asumir sinxelamente que se trata dunha diferencia "innata" (?)
Non sei se ten moito que ver (non xogo ao xadrez) pero isto parece estar relacionado coa tan traída e levada "educación na igualdade", que ao final nunca existe, porque só se traduce en non facer, por parte do profesorado, comentarios explícitamente machistas, pero en ningún caso en tratar de que nenos e nenas se realacionen entre eles en igualdade real. Pasa o mesmo no xadrez? Que non hai unha discriminación explícita pero tampouco se presta atención ao feito social das mulleres?
Por se aínda non te enteraches, o BNG ourensán organiza este venres, no Ateneo de Ourense, unha homenaxe a PEPE PEÑA, tamén mestre no xadrez (poñerei unha ligazón no meu blog). Saúdos cordiais. Marcos de Auria.
Os venres son malos días para min. Gostaría estar alí. Que todo saia ben.
Enviar um comentário
<< Home