15 março 2007

Cálido, húmido e escuro.

Hoxe pola mañá botei unha risada escoitando a Manolo Bragado pedirlle á sociedade apoio para "esa actividade solitaria que proporciona pracer".
Quico Cadaval ten contado moitas veces as sensacións que lle producía a muller coa que se deitou por vez primeira, cando ésta iniciaba tódalas noites o seu recorrente vicio solitario, manual, sistemático...
Nestes xogos de imaxes, verbas e soños andaba eu ao escoitar que a "Boca da Noite" é un lugar cálido, húmido e escuro.
E aínda que non son bo xuíz artístico, podo dicir e digo que a Boca da Noite é moito máis que iso: coa única ferramenta da palabra, usada con intelixencia, e co compango dunha excelente música, o tempo voa. E cada noite, a iso da unha da madrugada, durmo sendo un pouquiño máis listo e máis feliz.
Que dure moito, moito tempo, este sinxelo pero necesario programa na grella da nosa radio.

Etiquetas:

7 Comentarios:

Blogger Mario said...

Supoño que Manolo se referiría á lectura, deberon ser unhas risas escoitalo dicíndo iso.

12:47 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

e que esa descrición convida a confusión

9:11 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Esto recórdame un chiste, por certo bastante incorrecto politicamente :-D, dun blanco e un negro que entran nun ascensor: O Blanco exclama: ¡¡Negro, co pelo rizado, cos labios gordos e pestilente!!- O negro responde: Se é unha adivinanza... a cona, ¡e se non me cago en tu puta madre!

8:24 da tarde  
Blogger A Raíña Vermella said...

Quico Cadaval é un crack, coido que nunca rin tanto con ninguén como con el. Algún día farei un post sobre a diferenza existente entre posesión e corpo aberto:)

11:48 da manhã  
Blogger bouzafria said...

É que con Quico ris e aprendes á vez. Por certo, encántanme as grallas involuntarias que enriquecen a idea orixinal.

5:49 da tarde  
Blogger Xosé Manuel Carreira said...

Excelente o progrma da noite de Quico.

8:12 da tarde  
Blogger besbe said...

Haberá que escoitalo pois.

De tódolos xeitos quedouche un post do máis evocador.

1:13 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home