Tres consideracións sobre o xogo do xadrez.
Guillermo Domínguez titulou así o seu interesante limiar ao primeiro número dunha revista bimestral de pouca vida: Escaques, feita por rapaces composteláns en decembro de 1990. Dicía así:
"Unha revista de xadrez é sempre e necesariamente unha empresa problemática. Aos que impulsan a publicación este feito estráñalles e mesmo incomódalles. Porén, o feito en si nada ten de particular. Hai que atribuilo á natureza do xogo e ao complexísimo mundo que o rodea.
É estimulante para todos que uns mozos se ocupen e preocupen deste noble xogo ata o extremo de se embarcar na árdua empresa de publicar unha revista. O estímulo vai dirixido a todos, pero pode ter singular eficacia no ámbito dos rapaces non xadrecistas. Débese iso a que o xadrez, tomado en serio, só pode defenderse como unha paixón persoal. E entre os rapaces a paixón é o máis abundante. O resto das consideracións que adoitan facerse sobre o xadrez son un tanto superfluas. Pode procurar premios, pode ser educativo - de feito o é -, pode ocupar utilmente o tempo de lecer, pode mesmo formar o carácter..., pero todo isto depende de que algunha vez constituira unha paixón. O que ofrece o xadrez, en primeiro lugar, é a emoción de xogar e de non xogar ao chou, senón de poder controlar o xogo. Ademáis, a diferenza doutros moitos xogos, no caso do xadrez esa oferta ten unha base. Xogar e controlar o xogo son desafíos especificamente xadrecísticos e teñen o mesmo valor para un principiante que para Botvínik ou Najdorf.
O que caracteriza a este xogo é o inmenso ámbito de publicacións que o acompaña. O feito é, dende logo, insólito. O que se presenta como un xogo encubrirá necesariamente aspectos non lúdicos. Se o xadrez fora exclusivamente un pasatempo, ¿qué sentido poderíaselle dar á inxente literatura que xenera? Seguramente a interminable serie de publicacións xadrecísticas resultaría algo absurdo se na súa base non existise máis que un pasatempoo. Pero o xadrez é moito máis que un pasatempo. É un xogo, un deporte competitivo, unha ciencia inexacta (humana) e, sobre todo, unha arte. Por iso tódalas publicacións xadrecísticas están de antemán xustificadas, e ésta tamén.
Ésta especialmente no contexto no que aparece. Refírome ao feito indiscutible de que esta revista aparece en Galicia e é obra de galegos. Polo que ata de agora podemos saber de arte, ésta é propia de tódalas latitudes. Onde hai seres humáns hai arte. Agora ben, non tódalas artes son iguais nin aparecen todas en tódolos sitios. O xadrez aínda non apareceu en moitas culturas humanas. En Galicia si fixo a súa aparicición. Non, dende logo, en tempos recentes. A práctica do xadrez é común entre nos dende hai centos de anos. O mesmo ocurre con outra zonas de España. En Galicia, sen embargo, e por razóns que descoñecemos, a arte xadrecística é agora unha forza emerxente. Hai que supor que isto non ocurre así por casualidade. Que unha práctica xa establecida se convirta nunha forza emerxente ha de ter razóns moi precisas. Analizalo rebasa as posibilidades deste comentario. Cabe dicir, con todo, que o carácter galego, e tamén o clima desta terra, parecen extraordinariamente adecuados para a práctica deste xogo. As nosas circunstancias históricas e xeográficas, v. gr. climáticas e de distribución da poboación, inducen á comunicación e a a reflexión. O xadrez é unha arte comunicativa e reflexiva e, por iso, hai que augurarlle un feliz futuro en Galicia. O seu desenvolvemento dependerá sempre do apoio que se lle de. Sen apoio, seguirá sendo un simple pasatempo e, por iso, non será xadrez. A aparición desta revista é unha contribución moi importante para que ese apoio non falte. Con ela e con el, o xadrez galego poderá acadar cotas ata agora insospeitadas. Así o creo e así o espero.
Guillermo Domínguez Santos."

0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Home