Antonio Gasset
Haberá case vinte anos coñecín as críticas de cine dun señor chamado Carlos Boyero. Escribía, en Diario 16, sobre unha película que a penas uns días antes eu vira nun cine da zona vella de Santiago. A película: September; dirixida por Woody Allen. Baixo o trasunto dunha terríbel historia agachada, que me lembraba o asasinato cometido por Lana Turner sobre o mafiosillo Stomponato, aparecía unha película de ficción chea de vida: secretos e mentiras, silencios e tensións.
As verbas de Boyero coincidían plenamente cos meu pensamentos e sentimentos que acordara en min esa película, e dende aquela sigo con devoción a ese crítico visceral, sinceiro e romántico.
O falecido Ángel Fernández Santos tamén me convocaba dende a súa escrita, pero máis dende a forma que no fondo, pois as súas opinións non sempre eran coincidentes coas miñas.
Tampouco adoito coincidir con Antonio Gasset, crítico de Televisión Española, mais admiro de el a súa locuacidade temeraria, a súa valentía; e sempre escoito con interese o que opina. Porén, onte decepcionoume: na edición de "El tranvía de Olga" escoitábao falar dos posibles próximos gañadores dos Óscar, cando recoñeceu o prexuízo que tivera antes de ollar "Brokeback Mountain", porque "soy un poco homóbofo".
Supoño, cecais, que home tan culto podería puntualizar as suas verbas e que a voráxine de Cronos foi o que impediu as súas explicacións. Mais, en todo caso, paréceme unha maiúscula sandez o que dixo. Sería explicable que alguén dixera: "soy un poco racista"? ou "soy un poco maltratador"?

2 Comentarios:
Síntoo, Bouzafría, pero eu xa lle escoitei na tele (galega, por certo) subliñar a súa postura contraria ao matrimonio gai.
Eu non podo deixar de ver na súa actitude un bo xeito de gañar audiencia.
É unha mágoa, porque o tipo caíame ben. Haberá que facer o esforzo, non sempre doado, de distinguir o aspecto profesional do persoal.
Enviar um comentário
<< Home