13 março 2006

Intelixencia

Eu tiven un profesor de Dereito Romano que unha tarde dixo que a tendencia dos africanos "subsaharianos" - el dicía "negros", o cal é correcto porque é a característica física máis definitoria, se non fora polo seu ton displicente -, a rirse por todo era unha mostra máis da inferior evolución e intelixencia desas persoas.

Evidentemente iso era outra sandez das moitas que se escoitaban daquela nesas aulas. Eu polo contrario, penso que botar risadas é a mostra suprema de intelixencia, e o sentido do humor, mesmo nas piores circunstancias, revela as maiores virtudes do ser humano.


Para saber a verdade do que pasou agora hai dous anos eiquí está a resposta.

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Magnífico plantel de la Facultad de Derecho de Santiago, años 40: Arias Ramos, Pedret Casado, Barcia Trelles, López Rodó; Fuenmayor Champín; Prieto Bances, José Luis de Azcárraga.......

1:36 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home