Allegro ma non troppo
Título musical para un ensaio estimulante. Por fin, despois de moito agardar, conseguín ter entre as miñas mans este pequeno libro de Carlo M. Cipolla; Editorial Crítica, Biblioteca de Bolsillo nº.72.
O libro consta de dúas partes, a primeira evocoume reminiscencias dun libro da miña nenez "Como acabar de una vez por todas con la cultura" de Woody Allen; pero a segunda, a que eu estaba procurando, é unha obra mestra da lucidez: "As leis fundamentais da estupidez humana".
O seu contido é facilmente aplicable a vida cotiá, utilizable para o meu traballo, imprescindible para as relacións sociais.
Outro autor sobre o mesmo tema da estupidez, José Antonio Marina, nun recente libro, facía glosa deste que agora loubo, - e de decenas de outros -, achacándolle simpleza. Non, simplemente é pequeno, pero é perfecto.
Agradezo a B. G. B., que está tan acostumado no seu traballo a tratar con persoas descritas no ensaio, que me indicara a existencia desta marabilla.

0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Home