11 fevereiro 2012

Marcos Valcárcel

Os nosos avós foron paisanos e despois veciños nun Ervedelo que hoxe non recoñecerían. Nunca falei moito con el, pero si intercambiamos verbas escritas. Foi un home elegante e xeneroso. E a amabilidade nunca lle impidiu ser firme nas súas conviccións. Durante moitos meses eu, intimamente e cada vez que escribía algo neste blog, pensaba se sería do agrado de Marcos o que estaba a pór. Ante a miña sorpresa Marcos Valcárcel lía este blog e, ás veces, honrábame con algún comentario e mesmo con algunha - atinada - rectificación. A súa prematura e perpetua ausencia foi outra das causas da nugalla a escribir nesta leira. Non andamos en Galicia sobrados de homes das súas características como para andar desperdiciándoos. Supoño que hoxe, de estares el eiquí, estaría tan confuso como tantos de nós, nestes intres de dúbida e preocupación. Pero seguramente el - que non foi especialmente aproveitado "polos nosos" - escollería o camiño máis correcto.
Elegancia e xenerosidade.

Etiquetas: ,

12 fevereiro 2009

Queremos tanto a Julio

Vintecinco anos sen Cortázar.

"Apenas él le amalaba el noema, a ella se le agolpaba el clémiso, y caían en hidromurias, en salvajes ambonios, en sustalos exasperantes. Cada vez que él procuraba relamar las incopelusas, se enredaba en un grimado quejumbroso y tenía que envulsionarse de cara al nóvalo, sintiendo como poco a poco las arnillas se espejunaban, se iban apeltronando, reduplimiendo, hasta quedar tendido como el trimalciatato de ergomanina al que se le han dejado caer unas fílulas de cariaconcia.
Y sin embargo era apenas el principio porque en un momento dado ella se tordulaba los hurgalios, consintiendo en que él aproximara suavemente sus orfelunios. Apenas se entreplumaban, algo como un ulucordio los encrestoriaba, los extrayuxtaba y paramovía. De pronto era el clinón, la esterfurosa convulcante de las mátricas, la jadehollante embocapluvia del orgumio, los esproemios del merpasmo en una sobrehumítica agopausa. Evohé!, Evohé! Volposados en la cresta del murelio se sentían valparamar, perlinos y márulos. Temblaba el troc, se vencías las marioplumas, y todo se resolviraba en un profundo pínice, en niolamas de argutendidas gasas, en carinias casi crueles que los ordopenaban hasta el límite de las gunfias."

Etiquetas: ,

Eluana

Sobre o caso Eluana teño dúas dúbidas e unha certeza.

Dúbidas:
a) Levaba Eluana morta dezasete anos e fóiselle adiado ata estes días o tempo da súa sepultura?
b) Morreu Eluana agora e durante dezasete anos foi diariamente torturada?

Certeza: Eu asocio Italia co probablemente o país máis fermoso do mundo, con xente encantadora que ri cando pronuncian insieme ou indirizzo e cunhas rapazas guapísimas que soben o volume da voz a falar ao tempo que non paran de mover os brazos. Asocio Italia cos solpores da baía de Palma e a calor que abafa e o bikini bianco, nero, rossa. Algo moi grave debe estar agora a pasar en Italia cando manda Berlusconi e Saviano ten que vivir agachado.

Etiquetas:

14 dezembro 2008

30 anos e 6 meses

Lolo e Miguel. Meu curmán maior e meu pai. O único dos sobriños deste que o chamaba só polo seu nome.
Hai trinta anos, Santa Lucía, botaban unha obra de Alfonso Paso pola tele. Eu non estaba ben, vomitei pola noite. O día 14 chovía moito, moitísimo, en Santo Tomé de Freixeiro.
Deixou tres fillos menores de idade,un case recén nacido, e durante moito tempo eu pensei sobre qué pasaría cun 124 azul, quen o volvería guiar.
Mentres poida non esquecerei.

Etiquetas: