Decreto de erección
Supoño que todos temos algún pecado oculto. Mesmo nos costumes cibernético-blogueiros: nunha charla a semana pasada con propietarios de blogs (2) e lectores dos mesmos (2) os cinco recoñeciamos vicios inconfesables: un estivo enganchado a unha páxina sobre os avatares xornalístico-xurídicos do atentado do 11-M; outro gosta de axexar parrumeiras estranxeiras ( segundo el, sacou a páxina do chuza); un terceiro dixo que todos os días pasa un ratiño ollando o imdb.
Eu teño a miña debilidade, que espero rematar pronto: Ás veces non consigo evitar ollar a páxina dun tipo que me cae fatal: Non o coñezo, simplemente polo que escrebe e cómo.
Cheguei a el polo irmán editor e poeta do oráculo. Durante un tempo estivo na súa reducidísima lista de blogs aconsellables... agora xa non está.
O interfecto ( sei que non é a verba axeitada, que esta quere dicir outra cousa, pero úsoa como o faría calquera persoa que non fose filóloga) manifesta ser profesor universitario da USC, membro do opus dei ( en minúscula, que carambas), e experto en escritores descoñecidos polo vulgo.
Incomódanme as críticas ad hominem, e mesmo un dos exemplos que o meu difunto pai deitou foi que é posible pasar polo mundo sen necesidade de falar mal de ninguén, pero quero xustificar as negativas impresións que o fulano me causa polo que fai, non polo que é:
a) lingüisticamente galegófobo: moléstalle que existan traducións ao galego de obras de escritores estanxeiros ( e é profesor da USC); b) literariamente pedante; c) socialmente clasista; d) politicamente reaccionario; e) artísticamente provocador por conservador.
Por que estou enganchado a un fulano que, por exemplo, critica zafiamente a escrita de Rosalía de Castro? (tentarei de vencer a adición): Resposta: porque é gozosamente divertido ler laudatios ás homilias de Bieito XVI, porque o fulano non se corta en indignarse santamente contra as imposicións dos nacionalistas ( "presuntas imposicións" dos "nacionalistas perifericos", engadiría eu), porque abrir o seu blog é como abrir a caixa de bombóns que tiña no colo Forrest Gump, porque gracias a el coñezo que o ordinario do lugar fixo un "decreto de erección" do que son beneficiarios os opusinos; porque este, repito, profesor da USC ( este fulano terá voto proximamente para escoller Reitor) representa todo o que de negativo ten a igrexa católica.
Porque se os bos católicos pódense mirar orgullosos no espello de Vicente Ferrer, Casaldáliga, Ellacuría, Miret Magdalena, Chao Rego, Torres Queiruga ou no meu admirado Pacheco e os seus sermóns antiimperialistas, tamén compre recoñecer que este modelo, arestora, está nos nosos lares en recesión, e que lamentablemente - sobre todo para os que confesan esa relixión -, a onda que ven medrando é a de opus e semellantes.
En proximos capítulos, se o corazón resiste os ataques causados pola catarata das festas de Coia, falarei de bispos: esas pezas que van de esguello, as moi traidoras. E do baixo nivel episcopal actual, e de calotes no rural.

6 Comentarios:
Home, aparte do morbo de ollar a quen odiamos (quen estea libre que faga o primeiro flame), teño que dicir que non creo que ningún dos Chao Rego poida ser considerado como bo católico, (por sorte).
Hai un personaxe en "O ceu protector" de Bowles que di que o sur de España está cheo de xudeus, que negan selo. Ao mellor son similar a el(a) se digo que o Estado español está cheo de protestantes que non saben que o son, (e ogallá que algún día se decaten).
Ollar ou escoitar a quen odiamos: iso xustificaría a Jiménez Losantos, ser pueril, pero con audiencia masoca. Por certo, aproveito para lembrar - xa llo puxen ao Arumes - que Santos Juliá demostrou documentalmente que o Fede é un plaxiador: El País 21 de novembro de 204.
Todos temos os nosos pecadiños... eu de cando en vez tamén sintonizo a COPE pola mañán. Non sei que será peor, escoitar a Jiménez Losantos e a súa cuadriña ou ler ao tipo ese... Home, o teu esixe a disciplina de cargar a súa web e tragar os textos. O meu tan só sintonizar a súa emisora... jejeje. Francamente, ás veces compensa facelo para ver os perigos que se agochan neste nos país tan democrático...
Cando, indo de mañá cedo de Vigo a Santiago, a radio do coche perde a sintonización das emisoras de radio, e na procura automática ás veces párase o zapping na emisora do Fede. Apresúrome a cambiala porque o meu primeiro pensamento é na vergoña póstuma de ter un accidente e que descubriran que eu ía escoitando ao fulano ese.
Eu me estou quitando da lectura masoca.
O que ti fas non vale nin como programa de humor a pesar do esforzos de Quequé e "a guerra dos medios".
Pero tes razón, a mesma idea de Lándoas, de que hai que escoitar aos enemigos para poder preparar a estratexia defensiva.
unha época na que lía a un tipo ao que odiaba, e que compartía bastantes características con ese que describes (salvo que non sei se era profe da USC). Pode haber mais dun blogger que escriba alabanzas ás encíclicas de Ratzinger Z? O meu pecado segredo, con todo, era que o tipo era terriblemente machista, e como eu posteaba (troleaba, si, que pasa) con nome inequivocamente feminino, el non me entraba ao trapo, senón que me dicía, conciliadoramente "estás ofuscada, y así no se puede mantener un debate". Brutal. Ai, que tempos...
Machista: pode ser, este é do Opus. Pero levo uns días sen probar o veleno e vou conseguir non ir por alí.
Enviar um comentário
<< Home