Final da Copa do Rei
Os celtistas - e menos eu - non esquecemos que hoxe hai oito anos o Celta perdeu a final da Copa do Rei contra o Zaragoza.
Seguindo unha penosa tradición, os equipos vigueses que chegan á final da Copa de España perden os encontros contra os rivais que vesten de branco: R. Madrid, Sevilla e Zaragoza (por dúas veces).
Lembro que hai oito anos ía calor. Eu pola mañá estivera nunha cerimonia relixiosa amenizada por un cuarteto de corda da Real Fhilarmonía (excelentes), e á hora do partido aínda estabamos no restaurante no que se celebraba a enchenta posterior á voda.
O noso amigo B. non puido ir porque preferiu estar embarcado na Cutty Sark.
Non valeu de nada o gol de Mostovoi... mágoa, aquel Celta fica para sempre na memoria pero camparíalle ben un trofeíño nas vitrinas.

1 Comentarios:
Xa vou vendo que non esquecerá a miña ausencia nesa cerimonia xamáis na vida. Prometo que á próxima hei acudir. Ai, non...
Enviar um comentário
<< Home