Lectura obrigada
Coronoume ler nun xornal o artigo perfecto: veraz, lúcido e elegante. O autor adoita facer cousas semellantes de calidade, pero este é de lectura obrigada: atento ao tempo, o día antes do remate da recollida da enquisa calote.
Cando o barullo destes días amaine previa á tormenta definitiva preguntarémonos: "canta estupidez podemos aturar?" E mentres, os urbanitas desleigados pequenos mequetrefes sen raíces tentarán chegar a un acordo en exclusiva co PSOE para aprobar un novo decreto. Abrirase daquela unha situación interesante: Estratexia do PSOE, a elixir entre se opor a calquera modificación que minore (aínda máis) a situación do idioma propio ou ben aproveitar tacticamente a ocasión para minimizar ao BNG, aducindo consenso co partido máis votado.
Artigos como o de hoxe de Xosé Manuel Pereiro son imprescindibles, porque a memoria é voluble. O martes pola mañá, na Radio Galega, a máis fiel publicista de Felipe González logo de descalificar (con bos argumentos) a estupidez da enquisa calote, rematou cunha frase que ademáis de mentira soez é un monumento á desvergoña ( non me creo que esta señora non saiba que a responsabilidade da política lingüística no anterior goberno estaba nas mans do PSOE): "Pero también hay una cosa, estamos pagando aquí un pato: que los excesos del BNG en materia de política lingüística ahora los estamos pagando todo el mundo".
Im presionante: minte, minte, minte miudiño, minte, minte, que moita xente desexa crer esas mentiras. Alá eles... e alá nós.

Etiquetas: Decreto do galego no ensino, estratexias políticas, xornalismo
3 Comentarios:
Menten porque mentir sae de balde e ademais axuda a gañar eleccións.
A mentira é unha arma de destrución masiva que empregan os políticos de xeito impune, é máis, como vía permitida para acceder ao poder, que é do que se trata unicamente. Cómpre detectalas e desactivalas. Creo que iso é o que se ten chamado "opinión pública", pero como di miña irmá, hoxe todo che está moi devaluado.
Vese que insistir na mentira é rendible. O de Pereiro, en efecto, para gardar.
Enviar um comentário
<< Home