15 janeiro 2009

Saída, 2ª parte

Un amigo comentábame hai poucos días do malestar non disimulado que entre colegas do mesmo partido (PSOE) e goberno suscitaba un conselleiro da Xunta por unha relación persoal que viña ( ou ven, dame igual para o caso ) mantendo cunha socia enemiga.
A causa da incomodidade é absurda e descrebe ben ( realmente moi mal ) aos maledicentes. Pero o caso non é ese. Hoxe pola mañá lin en dous xornais a ausencia nas listas electorais deste persoeiro. Pode que non teña que ver un asunto co outro. Ou non. Pode que a ausencia non implique esquecemento no caso de ter que recuncar en responsabilidades. Ou non. En todo caso, o que eu pedía no comentario anterior aos da estrela pídollo agora aos da rosa e pedireillo cando sexa o caso aos da gaivota: un pouco de elegancia, por favor; que os ciclos da vida póñennos de vez arriba e máis cedo que tarde de volta abaixo, e se ben é asunto propio dos interesados ter presenza de espíritu para agoantar os debalos non o é menos a necesidade das institucións de amosar elegancia nestas situacións.

Etiquetas:

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Un amigo comentábame hai poucos días do malestar non disimulado que entre colegas do mesmo partido (BNG) e goberno suscitaba unha conselleira da Xunta por unha relación persoal que viña ( ou ven, dame igual para o caso ) mantendo cun socio enemigo.

6:03 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Ao cabo tódalas persoas están feitas da mesma carne, e os vicios, maldades e virtudes valen tanto para os de dereitas convencidos, para os de dereitas disimuladas e para os nacionalistas de toda índole.
O lamentable para min do caso é o feito de que a xente lle importe con quen se deita o deixa de deitar a/o veciña/o.

12:16 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home