Terrorismo
Tódolos días aprendemos algo. Ou confirmamos o que xa viñamos intuíndo. Nesa vía fóronme dabondo esclarecedores os seguintes textos que enlazo: un de Bruce Schneier e ó outro un artigo de Francisco J Laporta para El País, pero sacado do blog de Martínez Soler.
Coido que no que levo de vida nunca houbo menos atentados terroristas no estado español que nestes últimos tres anos. E por conseguinte menos víctimas. Aínda que non se poida pór data sabemos todos que nos imos achegando máis cedo que tarde á finalización dese fenómeno anacrónico, polo menos no que respecta á violencia etarra.
Eu aíndo lembro a miña adolescencia, onde os cálculos reflictían máis dun asasinado cada tres días. E a reacción airada dende os cuarteis, e máis as resacas da extrema dereita. Moi poucos anos atrás tiñamos que engadir a violencia da extrema esquerda do FRAP, ou de aqueles que o historiador Paul Preston denominou como "sospeitosos de favorecer os intereses da dereita máis extrema" como os GRAPO.
É curioso que nestes tempos comparativamente tan acougados apareza como primeira preocupación dos españois a do terrorismo, o cal me volve demostrar que a vida dos meus compañeiros de pasaporte é moito máis doada ca miña, onde teño estatísticamente moito máis probabilidades de morrer por causa dun accidente de tráfico ou da caída dunha tella que por un ataque terrorista (claro que estando en Compostela non se sabe, que é obxectivo de Bin Laden).
Da violencia que ten como víctima principal á sociedade vasca lembro especialmente catro asasinatos que deixaron en min un notable impacto: O do xornalista José María Portell e máis os precedidos por detencións: o enxeñeiro de Lemóniz José María Ryan, o capitán de Farmacia Alberto Martín Barrios, e o político Miguel Ángel Blanco. Desexaría -como todos, quero crer- que non houbera máis. Pero para o longo camiño volvo aconsellar o revisionado da "dura, honesta, necesaria e plural" película de Medem "A pelota vasca".

Etiquetas: política
0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Home