12 julho 2007

2.500 euros

Agradezo, como non, os futuros 2.500 euros.
Pero o meu agradecemento non exclúe as miñas críticas:
Porque non son formas.
Critico a banalidade da medida: se o que se pretende é fomentar a natalidade no Estado ese non é o vieiro axeitado. Non coñezo a ninguén que poida decidir ter un fillo pola dávida deses cartos. Pero si coñezo unha boa porcentaxe de mulleres con idade e desexos de ser nai que se laian do escasísimo tempo de baixa laboral por mor da maternidade; ou se laian tamén da difícil "conciliación da vida laboral e familiar" das súas parellas; ou asemade lamentan que o Estado non asuma as cargas sociais que agora enfrontan os empresarios que arriscan tendo mulleres en idade núbil; ou as dificultades para atopar escolas de infancia para os máis pequenos...
Critico tamén a universalidade da paga: Non vexo xustificación para que reciban a mesma cuantía unha millonaria que unha desempregada. Supoño que fica agachacha nesta inxustiza a inevitable lacazada do partido de dereitas, que aducirían que de outro xeito estariase chamando a novas emigrantes para que veñan ter os fillos a España. Pero a responsabilidade de quen goberna está en ser xusto e non en tentar acougar aos "descontentos de siempre" na terminoloxía franquista tan grata aos aludidos ( concordo, como tantas outras veces con Ortiz).
Critico, e remato, a sensación de improvisación: medida rechamante pero non meditada nin prevista.
Pero agradézoos.

Etiquetas: ,

4 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Subscribo as túas palabras. Os 2.500 non solucionan os problemas da baixa natalidade no Estado español. É unha medida máis típica de partidos de dereitas ca dun partido que se declara de esquerdas. Un saúdo.

2:18 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Ayer tomaba unos vinos en un local de la zona vieja de santiago, en un canal de la tv echaban fama, y un señor de unos 50 y tantos decia k cuando él era joven las tias perdían las bragas por un negro k bailaba en la serie. Siguió un cúmulo de improperios contra los negros y el dueño del bar un tanto molesto, en un alarde de sutilidad, le hizo el chiste de decirle que habría que matar a todos los negros, gitanos y bomberos. El señor no se percató de la trampa y no dijo nada por lo que el dueño se lo volvió a repetir mirándole a los ojos, esta vez el señor hizo ademán de comprensión y dijo rapidamente, "Y los judios, esos también había k matarlos a todos!", y no lo dijo precisamente por haber pillado la broma.

Una cosa es predicar y otra dar trigo. Mi aplauso a Zapatero. Solo faltaría ahora que los de rentas más altas no fuesen educados en la cultura de robatodoloquepuedas, y renunciasen a -para ellos- tan minúscula ayuda.

Malos tiempos para la lírica? Nunca los hubo mejores.

http://peliculasonline.net/visualizador.php?nombre=Documentos%20TV%20-%20De%20guerras%20y%20ni%F1os&fecha=6462

6:54 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Hipatia, vostede nunca deixa de sorprendernos: Supoño que se referirá a esto: http://www.rtve.es/FRONT_PROGRAMAS?go=111b735a516af85ccdc4135d9df82c2e123009d61eb00f778b60af793b191c31b01d775c169a04bdc48c834c5f80d601c200463a78474a673ac38423a6f788b770b74e7a0cdcfd9f

Xa sei que é un pouco longo de máis.Outra cousa: nestes intres estase a desenvolver a penúltima quenda do Cidade das Burgas onde está o noso amigo Fernando. Non sabe canto daría por estar alí xogando, indo de viños ao remate das partidas, e deitarnos todos as tantas na casa do noso amigo agora canario. Qué tempos, pardiez.

7:15 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Os cartos son unha axuda, pero non unha solución. ë o de sempre, "dame pan e dime parvo".

O persoal é político e é aí por onde hai que traballar...Ampliación das baixas por paternidade e maternidade, redución da xornada, máis número de xardíns de infancia.

Melloras á fin e ao cabo tanto para os traballadores da pública como da privada, que non é por ser choromica, pero as mulleres que traballamos en empresas privadas témolo moi, moi crú se desexamos ser nais...

12:37 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home