Señor Pipo
Como a dor nas costas era insoportable, supoño que unha contractura muscular, erguinme cedo, e decidín ir a pe feito a Samil para ver se atopaba ao señor Pipo e mediante magoantes estiramentos e posterior pago de 15 euros, clase B, volvía andar estarricado.
Na cafetería con estética similar á veciña Jonathan Livingston Seagull infórmanme que o señor Pipo faleceu hai unha semana.
Sigo con dór no lombo, e no canto das mans do vello compoñedor teño no estómago ibuprofeno, que non cura pero alivia.
Non entendo como no noso Sistema de Saúde aínda non se promociona, dignifica e regulariza a situación destas persoas que contribuirían a aforrar non só saúde senón tamén miles de euros das arcas públicas.

Etiquetas: saúde
0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Home