22 fevereiro 2007

As mulleres e o xadrez. Capítulo I

Limiar:
¿Por qué hai tan poucas mulleres xogando ao xadrez? ¿Por qué o resultado destas é inferior ao dos homes?
Unha das claves podería estar na pregunta que unha nai dun colexio público compostelán dixo hai poucos anos ao enterarse que para o seguinte curso ían ofertar só xadrez como nova actividade extraescolar: "e logo ¿ non van poñer actividades para as rapazas?"

O problema volveu aparecer hai poucos días na rede grazas a Chessbase.
Tamén podemos ollar as interesantes reflexións que fai do tema un dos mellores xadrecistas galegos: Carlos Abella.

Etiquetas:

5 Comentarios:

Blogger Ninsesabe said...

Ola: recibín un comentario teu no meu blog, que pequecho é o mundo, e xa che deixo alí posta a solución do enigma...Agora entro aquí e vexo que debín acertar. Ese artículo sobre o xadrez femenino sóname, tanto como a páxina na que está incluído, porque o autor é o que suscribe (o autor da páxina, do artigo é o meu fillo Carlos).
Gracias pola visita.

5:19 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Acertaches.
Visitareite decote, ten moi boa pinta o teu blog. E ánimo cos Caranzas, que non baixen.

6:05 da tarde  
Blogger A rapaza do arco said...

O teu post dá para reflexionar moito,tanto sobre o tema concreto do xadrez coma da cuestión de xénero en xeral.O artigo de Carlos Abella é impresionante,fai unha análise realmente profunda que mostra as razóns polas que se dan moitas outras circunstancias no que se refira á muller e á súa posición na sociedade. Parece incríbel que a estas alturas aínda se tenten explicar determinadas diferencias mediante a bioloxía, cando se fai tan obvio que non se trata diso ao observar actitudes coma a da nai da que falas.

6:50 da tarde  
Blogger Mario said...

Moi bo o artigo, lembroume a eses estudos estadounidenses dos 70 que apoiados na estatística demostraban que a poboación negra sacaba piores notas e por tanto era menos intelixente (obviamente abstraía que o rapaces e rapazas negr@s vivían en ambientes marxinais, non podían mercar libros, tiñan que traballar...)

5:55 da tarde  
Blogger osonoromaxín said...

Boa tarde son Ico, non me coñeces. Fai uns días atopei unha historia sobre o Cuco de Velle e un tio teu no blog.
Dende Ourense estamos tratando de sacar adiante un proxecto homenaxe ao Señor Claudio, o Cuco. Quizáis poidas facilitarnos algunha información, ou contacto...
Non conseguín outra maneira de poñerme en contacto contigo e por iso escribo este comentario á noticia.
O meu mail é festasdomonte@gmail.com

Graciñas por todo

8:51 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home