Sobre o Celta
Non van bos tempos para os celtistas. Esta situación semella moito a de tres anos, co desenlace do descenso. Repítense os mesmos argumentos: temporada pésima na casa, división popular sobre o adestrador, temporada anterior exitosa ( con moita boa fortuna nos dous casos ), sensación de que a plantilla é superior a súa clasificación provisional.
Desexo que o remate sexa distinto e que o equipo non baixe a segunda. Avisados están polos antecedentes inmediatos. Pero quero aproveitar para facer varias reflexións:
a) O adestrador: Acredito no traballo de Fernando Vázquez. Tivo a valentía de coller un equipo moribundo en segunda división e acadou dous éxitos consecutivos: ascenso e Uefa. Tivo a flexibilidade en segunda división de facer un esquema: 1-4-1-4-1 para aproveitar todo o talento da plantilla e atoparlle acomodo a Cannobio e Jandro, simultaneamente. Ademáis, tivo a valentía de enviar á bancada a veteráns como Gustavo López ou Capucho, que estaban a render menos do agardado. Na temporada pasada conseguiu facer un equipo sólido, e na segunda volta voltou ao esquema de dous "fantasistas" para deixarlle sitio a Jorge Larena, xa que Oubiña bastábase para aguantar o medio campo.
Son dos que pensan que o adestrador é o primeiro interesado en que o equipo funcione, polo que se mantén a alguén ( Yago, De Ridder ) no ostracismo será porque non están ao grado preciso. Dito o cal, e parecéndome axeitada a decisión da directiva despois do partido do Nástic, con mágoa digo agora que non o vexo claro, e que estou a cavilar que o cese de Vázquez pode ser necesario para endereitar o rumbo celeste.
b) Relacións público - adestrador: Non entendo a causa, pero o divorcio irreconciliábel entre unha boa parte dos siareiros con Vázquez leva a se manter dende principios da temporada pasada. O noso adestrador non calla en ningún club, supoño que polo seu carácter. Prexudícalle non ter valores diplomáticos, e non ser demagogo. Por outra banda, e dos poucos aos que da gosto oílo falar.
c) Público: Eu son ( fun ) parte do público de Balaídos. Ía regularmente con Víctor Fernández, botoume do campo a teoricamente exitosa primeira campaña de Lotina, e agora vou moi de tarde en vez. Coñezo Balaídos. E parafraseando a Santiago Segurola proclamo que creo que somos un dos peores dezaoito públicos de primeira división.
Levo meses pensando facer un post sobre Giovanella pero aproveito este para iniciar o meu discurso: un público que adora a Giovanella como futbolista ( será boa persoa, non o discuto, pero tamén o son eu e non por iso a xente adora os meus inexistentes caneos) e pon podre a futbolistas no seu posto indubitadamente superiores como Luccin ou José Ignacio, fala ben as claras da percepción da realidade dos meus compañeiros de sofremento. A lembranza boa da agonía de hai tres anos foi que tendo o equipo medio morto a afección esqueceu as súas rifas e xuntouse para pular, aínda que resultou tardío o esforzo. Enlazo co punto a): o cesamento de Vázquez podería server como revulsivo nos celtistas diante da actual situación.
d) Directiva: Aledeime dos trocos iniciados pola nova directiva, o nomeamento de Cobas e demáis. Penso que van polo bo camiño. Que teñan sorte.
e) Prensa: Son un fanático seguidor de Armando Álvarez. Escritor magnífico de fútbol e televisión. Acho de menos a Eduardo Rolland. Pero desgraciadamente o talento non ten por qué coincidir coa influenza: Hai tres anos un individuo daquela na Ser ( Eiroa ) conqueriu que Antic fora o relevo de Lotina. Os xornalistas sacan e poñen ( téntano polo menos). Desexaría menos presión sobre a Directiva.
f) Xogadores: Só desexaría que non tremeran ao xogar, que estarricaran a perna, que arriscaran os pases como o ano pasado.
g) Equipo: Todo isto é un xogo. E o remate da Liga tres equipos van baixar de categoría. E podemos ser nos ( porque algúen vai ser). E non pasa nada, que non é máis cun xogo. Bonito ( ás veces) e entretido, pero nada máis ( nin menos ) cun xogo.
P.S.: Vaia tocho, pardiez.

Etiquetas: fútbol
4 Comentarios:
Concordo contigo na análise. Non sei que medidas hai que tomar para saír do abismo pero é da máxima urxencia aplicalas senón queremos volver ó inferno. Ós xogadores tamén había que pedirlles que se esforzaran un pouco e abandonase a "comodidade" na que se asentaron.
Non quero volver para Segunda!!! SOS.
Creo que en fútbol si que me pillas, non teño nin idea, tampouco amoso interés. Hoxe vou ver a Lupe, felicitareina da túa parte. Unha apertiña sen goles
MORALLA
Non sigo o Celta, so vexo os resumos na TV,pero paréceme moi axeitado e coherente o que dis.
Eu tampouco entendo porqué Vázquez nunca foi santo de devoción dos siareiros de Balaidos. E,si, Armando Alvarez xenial.
O comportamento airado dalgúns siarieiros de Balaidos con algúns adestradores é un dos misterios da vida. Particularmente paso vergoña allea coas críticas a Vázquez. Saber pensar e falar non está ben visto no fútbol.
Enviar um comentário
<< Home