Estado de Dereito
Prefiro falar de música, lembrando, por exemplo, que hoxe hai oitenta anos chegaba ao mundo Tom Jobim. Prefiro falar de xadrez, ou de outros deportes pois na miña vida xoguei malamente a moitos e fun espectador de case todos. Prefiro falar de literatura: na miña cabeza quedaron prendidos versos de Miguel Hernández, Celso Emilio ou W H Auden; e releo con gozo a Perec, Bieito Iglesias ou Cortázar. Prefiro falar de cine, ou teatro, onde teño bos amigos.
Lamentablemente hoxe tamén toca falar de algo que coñezo e habitualmente me desagrada: do Dereito. Penso sinceiramente que o Estado onde me tocou vivir, España, non se debe calificar como Estado de Dereito: non hai división material dos poderes, persisten órganos xurisdiccionais excepcionais, non se cumpren os principios básicos do dereito penal, créanse delictos ad hoc para aplicalos a persoas concretas.
Porque non se debe esquecer que o cerne do lamentabilísimo caso que está nos medios non é outro que a parte máis barullenta da opinión pública considera que unha persoa concreta merece a cadea perpetua.
Cando a ese individuo lle chegou o intre de saír da cadea, como a tódolos penados do Estado algún día lle tocará, o Goberno, coa complicidade neste caso da caverna, declarou a súa intención de evitar a liberdade de aquel que xa cumplira a súa condena totalmente segundo as leis vixentes. Inventáronse un delicto inexistente onde como moito non había máis que calumnias ( que, por certo, non foron quereladas polos implicados), e condenaron vergoñentamente por dous delictos de opinión - non atopo as ameazas- co único fin de evitar a saída da rúa dun individuo que tiña dereito a liberdade ( por moi pésima que sexa a valoración que nos mereza a súa persoa e as súas accións pasadas ).
Dende o principio do caso ata o do día de hoxe todo é un sinfín de barbaridades xurídicas encadeadas. A vinganza está prevalecendo sobre o dereito.
Vou calar. É tarde e estou canso. E asqueado dos fascistas de sempre e anoxado dos que sabendo do tema siguen calados. Porque non se trata só da vida dunha persoa que cometeu vintecinco asasinatos, e non se trata só da posibilidade do fin da violencia en Euskadi. Trátase sobre todo do Estado de Dereito, de non ter - agora si - presos políticos na cadea. Trátase de que as leis penais non poden ser dictadas ad hoc. Trátase da proporcionalidade das penas, porque non houbo ameazas, pero de telas habido, son máis castigadas que un homicidio.
As verbas máis sensatas e agudas sobre o tema linas a Andrés Boix Palop. A miña admiración para aquel que é capaz con tanta categoría de escribir tan ben.

Etiquetas: dereito
3 Comentarios:
Non opina así Roberto Blanco Valdés hoxe na Voz de Galicia
De todos xeitos é moi necesario iso que dis, sobre todo porque o dis desde o coñecemento de todas as irregularidades que acompañaron o proceso e que deberan poñernos alerta do que están a facer coas institucións do estado. Alén da opinión política ou moral o que é intolerábel é que se estean violando unhas regras de xogo que tod@s (compartamos ou non) temos que acatar e das que depende a neutralidade política da xustiza. E que tanta xente que o sabe, cale ou o xustifique.
Comézase con cousas así e acabamos tod@s lembrando o clásico de Brecht.
Exactamente, Mario. A xustiza ten que ser cega: igual para todos. Xúlganse aos feitos. E con respecto a Roberto Blanco Valdés: hai moitos anos que non me interesa o que di, como tantos outros convertiuse nunha involuntaria caricatura. Merece toda a miña atención o seu irmán poeta ou seu antepasado Roberto Blanco Torres. El, como Pedro Arias ou Miguel Cancio, xa hai tempo que me deixaron de facer gracia as súas inverosímiles opinións.
Enviar um comentário
<< Home