Policía local de Vigo.
Decidín deixar correr algo o tempo para que o noxo fora pasando e logo non tivera que me arrepender do que deitara escrito.
Fun obxecto das amabilísimas e educadas atencións dalgúns membros da Policía Local de Vigo, co respecto e consideración que os caracteriza dende o tempo do compañeiro Soto, aquel lembrado alcalde que decidiu converter aos macarras de Coia en atentos servidores cidadáns poñéndolles o uniforme da Policía Municipal.
Tiven sorte. Ao cabo a miña indemnidade resultou intacta. A pesares de lles falar nunha lingua que non entendían, teño a fortuna de ter sido loiro e non un negro como Mamadou.
Por certo, flipo (expándeseme a mente, que diría Millás) coa política de indultos do Goberno central.
Ben. Agora, máis tranquilo, decido non facer nada, agás maldicir e desexarlles que a língua se lles pegue ao padal, que as súas ovellas perdan toda a lá no inverno, que teñan febre, calor ardente e sede, que teñan forúnculos malignos e incurables nos xeonllos e nas pernas, e demais cousas bonitas do Deuteronomio.
E volta á normalidade: Poñereime de contado xa a redactar o que penso na morte do gran Fischer.

Etiquetas: noxo
0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Home