Marcel Duchamp
Marcel Duchamp foi un dos mellores xogadores de xadrez na Francia da súa época. Chegou a ser seleccionado polo seu país, sendo capitán Alexander Alekhine.
Man Ray adoitaba contar o incidente que lle ocurriu a Duchamp na lúa de mel coa súa primeira esposa:
"Duchamp pasou a meirande parte da súa primeira semana estudiando problemas de xadrez, e a súa esposa, nun acto desesperado de vinganza, ergueuse unha noite mentras el durmía e pegoulle as pezas de xadrez ao taboleiro. Divorciáronse tres meses despois."
2 Comentarios:
Nabokov ten unha novela sobre a personalidade dun xogador de xadrez e, de seren así, dan un pouco de medo...
Saúdos.
Si, e sobre a novela fíxose unha película "A defensa Luzhin" con John Turturro.
Pero téñase en conta que as novelas, ou as anécdotas, soen versar acerca de personaxes ou acontecementos estranos. Case ningún xadrecista é coma Bobby Fischer, poño por caso.
É certo que hai xente rara, pero non creo que en demasiada máis proporción que os arquitectos, médicos, escritores ou ferreiros.
Enviar um comentário
<< Home