21 julho 2010

Xornalismo de nivel

Hoxe un xornal deportivo catalán titula a súa portada cunha grande tipografía: "Cesc firmará" , mentres que en letra máis pequena a nova continuaba "una carta pidiendo su traspaso al Barça".
Vellos trucos dignos de saír naquel espazo de Juanjo de la Iglesia sobre ética xornalística en CQC.
Pupilos daquela noticia do xornal "Última Hora" mallorquín que a mediados de novembro de 1975 colocou con grandes titulares "Murió el Jefe del Estado" para despois enterarnos nunha esquina agachada e con letras minúsculas "de Arabia Saudí".

Etiquetas:

02 junho 2009

O Xinete Pálido soterrou a Caixa Negra

Hai 35 minutos debería ter empezado o programa da Televisión de Galicia "A Caixa Negra", que ía lembrar hoxe o acaecido hai algúns anos co asunto das "vacas locas". No canto dela enche a pantalla Clint Eastwood, facendo de Xinete Pálido.
Pregunta retórica: terá algo que ver co troco de programación o feito de que tomou posesión a señora Rosa Vilas como directora da TVG?

Etiquetas: , , ,

18 maio 2009

"E incluso chegando as 300 persoas"

Escoitado ás 12:00 horas do domingo 17 de maio, no informativo da Radio Galega.

Naquel intre eu estaba pasando pola peaxe da autoestrada, cincoenta coches, aproximadamente, retidos.

"Pois xa empeza esto a estar bastante animado. Xa son máis de duascentas , e incluso chegando ás trescentas persoas as que se están concentrando nesta alameda compostelá, e me imaxino que de cara a que saia a manifestación, que aínda non saiu, tamén serán máis os membros que participen nela."

A xornalista tivo razón: foron máis "os membros que participaron nela"; algo máis de trescentas persoas.

Etiquetas: , ,