LEMBRANZA
Concordo coa frase do pensador: "vivimos na memoria dos demáis". Por iso, e mentras existamos os que compartimos o tempo con el, os que gozamos da súa sabiduría, Guillermo non se terá ido de todo.
Non adoito darlle razón nos últmios anos as declaracións do filósofo, máis acerta plenamente no prólogo do libro póstumo do noso amigo: Agora, discurrido o tempo, ao lembralo non poidemos senón sorrir, ás veces mesmo botar grandes risadas, provocadas polo seu relembro.
Tódalas mañás, dende hai xa tres anos, cando paso xunto aos ginkos bilovas, aínda espero ollar a figura alta e morena dándolle un revés cortado a unha man (niso tamén un clásico), ou entro na libraría da esquina, ou na da súa rúa, ou aquela de trato máis cordial, e asómbrome de non atopalo alí.
Fun no pasado verán unha tarde a Cambados, e non estaba na sala de xogo, tampouco nas tabernas valorando positivamente o viño. E xa nada é igual.
Continuaremos sen el, pero facíanos tanta falla.
Non te esquecemos.