17 maio 2012

Pedro Madruga

A rúa Ervedelo de Ourense xunta o centro da cidade co barrio do Couto pasando por riba do río Barbaña. A estrutura e a paisaxe da ponte sobre o Barbaña é a mesma da miña infancia, e por riba dela aínda recoñezo aqueles tempos coa condiciòn de non mirar moi lonxe nin para abaixo. Cada vez que paso sobre ela lembro a historia dun suicidio, ou como a miña nai contaba o seu encontro co despois cardeal Quiroga Palacios a rentes da escola de Angelita Varela.

Hoxe está a zona moi cambiada. Exemplo da mudanza dos tempos ( e dos espazos ) é a tenda de tattoos agora instalada ao cabo da ponte. "Tattoos", curiosa verba. Antes o lumpen e os mariñeiros facíanse tatuaxes, agora os pijos fanse "tattoos". De adxetivar a xente sustantivamente dura a ser ornato de ociosos.

O que máis me marabillou da tenda de tattoos da rúa Ervedelo é a oferta para borrar, sen deixar pegada algunha, as vellas tatuaxes mediante unha moderna técnica láser.

Na mesma empresa da Praia de Palma onde eu traballaba tamén o facía Pedro Madruga, un galego forte de voz profunda e bigote negro e abundante. Antes de escoitar o seu sotaque calquera apostaría que aquel fenómeno procedería de México. Pedro Madruga era o encargado do Balneario 0, o bar enriba da praia de Ca,n Pastilla, a primeira do Arenal, onde eu estaba alugando velomares.

Aquel galego gañara o seu alcume pola súa procedencia e pola súa preguiza matutina, pola súa tardanza en chegar ao traballo ( motivada segundo Antonio o Xitano polos aloumiños que a súa linda muller - a de Pedro, non a de Antonio - lle adicaba cada mañá.

No inmenso brazo esquerdo de Pedro Madruga estaba debuxada unha fermosa muller espida de rotundo poderío. Todo o fermosa que poidera estar a traverso daquela tinta verde noxenta que se empregaba para as tatuaxes daquela. Pedro Madruga sempre se queixaba que aquela tatuaxe de xuventude - unha noite de bebedela - pecháralle moitas portas laborais.

Unha mañá o meu paisano apareceu a mesma hora ca nos. As sete e media. Sorprendeunos a súa estrana presenza aquela hora e o seu brazo esquerdo aínda máis ancho do normal e totalmente vendado. Antes de aceptar a primeira pregunta deitou explicacións: "Non a aguantaba máis. Collín o ferro quente e resistín. Non a aguantaba máis."

Mágoa que o invento da tenda de tattoos da rúa Ervedelo, o borrador láser, non existira nas Baleares dos anos 80.

Etiquetas: ,

1 Comentarios:

Blogger myhuonglequyen said...

Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

FadoExpress là một trong những top công ty chuyển phát nhanh quốc tế hàng đầu chuyên vận chuyển, chuyển phát nhanh siêu tốc đi khắp thế giới, nổi bật là dịch vụ gửi hàng đi nhậtgửi hàng đi pháp và dịch vụ chuyển phát nhanh đi hàn quốc uy tín, giá rẻ

5:53 da manhã  

Publicar um comentário

<< Home