25 maio 2010

Horas posteriores

Dicía onte que pensaba que hoxe íame deitar ledo. Aínda dáballe creto a vellas verbas: memoria, lealdade... Que pouquiño sabedes.
Contáronme hai moi pouco a historia. Eu non a coñecía: vivía lonxe de Compostela, física e mentalmente, estudando o bacharelato. Seica no 1984 houbo tres candidatos a reitor da Universidade galega. O conservador Miguel Ángel Ríos, o socialista Carlos Pajares Vales, e o recuperado galeguista Xosé Manuel Beiras Torrado. A primeira volta remata coa eliminación de Beiras da carreira a San Xerome.
A xente da PUP de Pajares comezan a negociar cos nacionalistas, os cales deciden, vencendo resistencias internas, dar o seu voto ao socialista, que gracias a eles gañou.
A primeira ollada aos resultados de hoxe bástame para deducir que desta volta os da PUP non cumpriron coa reciprocidade que - supoño - demandaba o grupo liderado por Lourenzo Fernández Prieto. Pola contra, semella que os seus votos foron para Casares Long.

Lamento o resultado, porque sen coñecer ren do equipo de Casares ( e iso que non son poucos), podo asegurar que a USC perdeu non so un excelente reitor senón un equipo extraordinariamente competente. Porque aínda que eu non podo votar nas eleccións universitarias, sinto a USC como propia, como parte non pequena da miña vida.
E non só lamento o resultado pola USC senón polo que significa para o necesario cambio na Xunta dentro de tres anos (e antes nas municipais): ¿É posible un acordo PSOE-BNG?¿Votaría o Psoe ao candidato nacionalista se este tivera mais votos que o seu, ou o Psoe preferiría un goberno conservador, como estamos vendo na USC?

Pódeseme argumentar de contrario que as eleccións universitarias non levan a mesma dinámica que as puramente políticas. É certo que os intereses (económicos) dos departamentos ou facultades arrastran votos; que as antipatías persoais tamén restan, e que a ideoloxía séntese mais difusa. Pode ser. Pero que no templo da ciencia sexan efectuados experimentos como que os autodenominados socialistas prefiran ao candidato conservador antes que ao nacionalista (moderado e eficaz) faime lembrar que teño que volver mercar canto antes o libriño de Carlo Cipolla.

Etiquetas:

24 maio 2010

Horas previas

Escoitei aos outros dicir que estaba xa feito. Sentín a unha das nosas razoar o seu pesimismo, mentres que un dos nosos entregaba os cálculos do seu optimismo. Os máis curtidos dicían: empate agora, hai partido.
Dos cinco que perderon o 5 de maio, catro recibiron votos progresistas. Resístome a crer que vaian escoller a opción conservadora antes ca galeguista: qué mala premonición sería para os que pensamos posible un cambio na Xunta no 2013.
Creo que mañá pola noite deitareime ledo.
Días de sol.
Mentras o tomo, espero.

Etiquetas:

20 maio 2010

Palabras para Julia

A pasada noite actuou en Vigo Paco Ibañez: exemplo digno das cousas mais importantes.
Cando escoito da súa voz como canta o poema de José Agustín Goytisolo: "Palabras para Julia", non sei por que, pero asómanseme pequenas bágoas baixo as pálpebras.

Nota persoal: O día das vodas de ouro dos meus pais e tíos (das seis persoas da mesa principal agora só fican dúas mulleres entre nos, 90 e 85 anos), á que asistín cun traxe prestado por un amigo, foi o día da morte deste grande poeta.

Palabras para Julia

Tú no puedes volver atrás
porque la vida ya te empuja
como un aullido interminable.

Hija mía es mejor vivir
con la alegría de los hombres
que llorar ante el muro ciego.

Te sentirás acorralada
te sentirás perdida o sola
tal vez querrás no haber nacido.

Yo sé muy bien que te dirán
que la vida no tiene objeto
que es un asunto desgraciado.

Entonces siempe acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti como ahora pienso.

Un hombre sólo una mujer
así tomados de uno en uno
son como polvo no son nada.

Pero yo cuando te hablo a ti
cuando te escribo estas palabras
pienso también en otra gente.

Tu destino está en los demás
tu futuro es tu propia vida
tu dignidad es la de todos.

Otros esperan que resistas
que les ayude tu alegría
tu canción entre sus canciones.

Entonces siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti como ahora pienso.

Nunca te entregues ni te apartes
junto al camino nunca digas
no puedo más y aquí me quedo.

La vida es bella tú verás
como a pesar de los pesares
tendrás amor tendrás amigos.

Por lo demás no hay elección
y este mundo tal como es
será todo tu patrimonio.

Perdóname no sé decirte
nada más pero tú comprende
que yo aún estoy en el camino.

Y siempre siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti como ahora pienso.

Etiquetas:

14 maio 2010

Comentario de texto

Padezo soños recorrentes nos que me notifican o suspenso na Selectividade por sacar un cero no exame de Física. De nada valen as miñas protestas aducindo que eu escollín a opción de letras e que por conseguinte non tiña porque me examinar de tan misteriosas materias.
Mágoa de que o tribunal examinador non se fixara con máis detalle nas miñas dotes de comentarista (de textos). Exemplo: El-Rei Juan Carlos sae dunha clínica (pública?, privada?, concertada?) en Barcelona, onde seica operárono cirúrxicamente. A nosa maxestade fala aos micrófonos:
"Tenemos que estar orgullosos de la sanidad pública que tenemos, tanto en Cataluña como en Madrid"
Este texto sacado dun xornal de recoñecido prestixio nacional, case de tanto prestixio como a nosa querida Voz de Galicia, supoñemos que reflictirá fielmente a realidade ( materia na que son expertos os dous xornais anteriomente citados ). O meu comentario plásmase en preguntas:
- ¿Só debemos estar orgullosos da sanidade pública catalana e madrileña?
- Madrid: ¿refírese á Villa y Corte ou tamén á comunidade das sete estrelas deseñada por Santiago Amón?
- Madrid: ¿Refírese S.M. a Madrid ou realmente estaba pensando en "España"? ¿Pensa D. Juan Carlos que cando chove en Madrid pódese dicir sen remorsos "chove en España"?
- Se estaba pensando en España, ¿pensa El-Rei que Cataluña non é exactamente España?

Podería dar a resposta ás preguntas de seguido, pero sen dúbida sería replicado coa típica escusa da "malinterpretación".

Etiquetas: