29 março 2007

Libros de dereito

Estou a facer unha pequena mudanza e aparecen dous libros de primeiro de dereito.

O profesor de Dereito Romano obrigounos a mercar e estudar o libro do seu pai. Transcribo o que pon na súa páxina 125 ese libro da autoría de Álvaro dÓrs:
"Lo que da a una acción su condición de honoraria es la novedad en la intentio, o en el conjunto demonstratio-intento. Una praescriptio, una exceptio o una modificación de la condemnatio introducidas por el pretor en una acción civil no altera su carácter civil; así ocurre, p.ej., en la actio de eo quod certo loco, que no es más que una actio certi con una modificación en la condemnatio; o con una acción del edicto quos cum eo que no hace más que introducir el llamado beneficio de competencia en la condemnatio; o con la actio ex iureiurando por una causa no-crediticia, la cual no tenía más novedad que una praescriptio; o con la acción sine noxae deditione; o con la acción del bonorum emptor, la cual tiene una deductio..."

O profesor de Dereito Natural obrigounos a mercar o seu propio libro. O exame consistía nunha proba de memorización do mesmo. Transcribo o parágrafo 28 do capítulo 58 do libro autoría do cuñado do profesor Fraga Iribarne (a quen lle dedica o terceiro volume), o Catedrático Francisco Puy:
"La verdad es que todo hombre tiene un derecho fundamental a cumplir libremente sus obligaciones, y que sólo son tales aquellas que su conciencia admite, o no repugna al menos. Un pacifista, pues, tiene derecho a objetar un servicio a la patria que le exija usar o utilizar armas; pero no tiene derecho a negarse a servir de camillero en la cruz roja. Un médico tiene derecho a negarse a practicar un aborto a una embarazada a la que la seguridad social conceda ese -derecho-. Un juez tiene derecho a negarse a sentenciar un divorcio, aunque la ley se lo mande... etc. Todo eso no es lo que dice la constitución, ni muchos textos internacionales: pero es lo que deberían decir. Y lo que dicen algunos. Y los otros, desde luego, tampoco lo contradicen. Según lo entiendo, si se puede exigir jurídicamente que se deje en paz a los ciudadanos para cumplir sus deberes constitucionales, es que también se puede exigir jurídicamente que se deje en libertad a todo el mundo para cumplir sus deberes de conciencia, morales o religiosos.

Etiquetas:

27 março 2007

Non aturo

Non aturo á xente moza que no autobús non lle deixa o sitio ás embarazadas ou aos anciáns.
Non aturo á xente moza que cuspe nas rúas os seus lapos nicotinizados.
Non aturo ás vellas que tentan colarse cando agardamos a vez na charcutería.
Non aturo aos conductores que pensan que a cidade é un circuito de carreiras.

Xa non digo que volvamos ao protocolo de, por exemplo, se paseas cos pais, a nai vaia polo medio, o pai na dereita e ti na esquerda.
Digo, máis nada, que un mínimo de respecto é necesario. Aínda que supoña a constatación dunha eiva enorme na educación cívica dos últimos anos, gostaríame que nos contidos da necesaria asignatura de "educación para a cidadanía" estiveran esas cuestións básicas de imprescindible cumprimento.

Etiquetas:

23 março 2007

Campionato galego universitario de xadrez




Estase a celebrar arestora no Centro de Estudios Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela ( que dirixe Félix Vidal, fillo de D. Enrique Vidal Abascal, matemático e xadrecista que foi) o Campionato Universitario galego de xadrez, no que participan universitarios das tres universidades galegas. A semana que ven publicarei os resultados.

Etiquetas:

15 março 2007

Cálido, húmido e escuro.

Hoxe pola mañá botei unha risada escoitando a Manolo Bragado pedirlle á sociedade apoio para "esa actividade solitaria que proporciona pracer".
Quico Cadaval ten contado moitas veces as sensacións que lle producía a muller coa que se deitou por vez primeira, cando ésta iniciaba tódalas noites o seu recorrente vicio solitario, manual, sistemático...
Nestes xogos de imaxes, verbas e soños andaba eu ao escoitar que a "Boca da Noite" é un lugar cálido, húmido e escuro.
E aínda que non son bo xuíz artístico, podo dicir e digo que a Boca da Noite é moito máis que iso: coa única ferramenta da palabra, usada con intelixencia, e co compango dunha excelente música, o tempo voa. E cada noite, a iso da unha da madrugada, durmo sendo un pouquiño máis listo e máis feliz.
Que dure moito, moito tempo, este sinxelo pero necesario programa na grella da nosa radio.

Etiquetas:

12 março 2007

Comunicado de Montreal

Na Terceira Conferencia Mundial sobre Muller e Deporte, celebrada en Montreal o ano 2002 adiantábanse no seu Comunicado final uns posibles tratamentos útiles para favorecer o desenvolvemento das mulleres no eido das actividades físico-deportivas.
No que atinxe ao marco espacial que nos correponde e en relación á actividade deportiva obxecto destes comentarios, o xadrez galego-, evidénciase que aínda temos un longo camiño por diante: No xadrez galego son poucas as monitoras, adestradoras, xuíces e organizadoras de torneos; e aínda máis escasas as mulleres en postos de dirección en clubes ou entidades deportivas.

Etiquetas: ,

08 março 2007

Regalo de cumpleanos

E que vexa eu moitos máis teus e dos teus (e meus).

Etiquetas:

Carlos Casares Mouriño

A semana pasada volvín reler a documentada biografía que sobre Curros Enríquez escribira o seu paisano Celso Emilio Ferreiro. Alí volvíase incidir na caracterización do pai do poeta como un individuo deplorable, violento e de mal carácter, entre outros varios defectos; tal e como nos ensinaran os libros de texto do bacharelato.
Durante a lectura lembrei un pequeno texto a marxe de Carlos Casares onde desconfiaba do tópico maligno sobre o pai de Curros, concluíndo que probablemente sería igual que o resto de homes do seu tempo.
Coincide isto co convite que Marcos fai para lembrar a Carlos Casares co gallo da conmemoración do seu cabodano. Non me é estrana a desconfianza de Casares, porque a primeira interpretación que se pode facer dos seus textos, transpírase a sensación de que Casares era un bo home, no sentido machadiano do termo. Tanto nos seus relatos ( téñolle especial querencia a Ilustrísima) coma nos seus artigos compróbase unha bondade gozosa, unha ollada divertida da vida.
No mundo no que se moveu Casares, literatura e coido que algo de política na transición, onde os egos están sobredimensionados, ser capaz de resistires á tentación da maledicencia como el fixo amosa as excelentes cualidades da boa persoa que debeu ser. Nunca lle lin nada que poidera pasar como ofensivo. Nunca lle lin ou escoitei falar mal de ninguén.
Descoñezo se tivo as polémicas propias da súa profesión... creo intuir que algunha si, pero o feito de que eu non teña clara a súa existencia ou os protagonistas sentenza que non debeu ser gran cousa, afortunadamente.
Falo das impresións que me causa a súa escrita ou as entrevistas xornalísticas que lle fixeron. Descoñezo se na vida real sería así, pero eu apostaría que si.
Só lembro telo visto en persoa unha vez: cruzámonos na beirarrúa da Praza de Galicia de Compostela: el ía mirando para o chan, con faciana preocupada; eu mirei con admiración ao despistado escritor. Foron tres segundos que ficaron na miña memoria, un ano antes aproximadamente do seu pasamento.
Morte que me impactou por sorprendente, inesperada. Eu ía conducindo dende A Estrada ata Vigo pola sinuosa vía que vai a Cuntis, despois de ter pasado a mañá do sábado dando clases de xadrez. Ía prendida a radio na sintonía de Radio Nacional de España, no programa cultural das 13:15 máis ou menos. A mala nova, que foi a única noticia daquel día, acompañoume todo o traxecto.
Polos azares da vida, o día seguinte eu ía cara Panxón cando atopamos a cola da inmensa comitiva que despedía ao escritor.
Xa non está entre nos un home que semellaba ser sensato e bo. Nestos tempo aínda doe máis a súa perda.

Etiquetas:

07 março 2007

Martes febril

Nas ideas de Queneau e Perec

Martes á mañá: espertei tarde, culpa da gripe e da febre que me fixera incapaz de manter as pupilas abertas trala saída da lúa.

Culpable desa febre gripal, das náuseas e das subseguintes secreturas nasais, fun incapaz de seguir a estrea de Cadaval na Crtvg. Tiven que prender internet na mañá seguinte para recuperar a magnífica idea feita magazine da cabeza máis interesante de Santa Uxía de Ribeira, aínda que tivera a gralla de dicir Mats Wilander na vez de Stefan Edberg.

Na abrente decateime, eventualmente a causa da febre, que a tentar pensar e falar na miña lingua nai, tiña unha rara e particular eiva que definiría na incapacidade para emitir, na fala e máis tamén na pensada, a letra caracterizada na súa grafía circular.

Nas miñas estranas pesadelas febrís cavilei en editar unha revista xadrecísitca cun titular referente á defensa versus apertura de infante de dama máis utilizada mundialmente: A Defensa India de Rei.

Así a pensei e así malamente a transcribín a lapis, recén erguidas as miñas cansas pernas dende a cama:

A Defensa India de Rei

Interpretada excelentemente ben nas partidas de Mikhail Tahl – natural de Riga, a capital dunha linda república báltica, e máis Fischer – xudeu e antisemita á vez; e tamén Paul Keres, que naceu en Tallin, cidade báltica.

Miguel Illescas, catalán, practícaa raramente: nas suas visitas á capital da Galiza, dicía que era un arma empregada sen demasiada frecuencia en xadrecistas da intensidade de Emanuel Lasker, Alekhine, Steinitz, Capablanca, Spassky, Euwe, Kramnik e Jan Timman, nederlandés ( Amsterdam, cecais)

É unha das miñas defensas predilectas para pelexar perante a apertura da infantería de dama.
Permitese que as pezas brancas se fagan duras na area central, para sen máis vagar, atacalas dende a lateralidade.
É relativamente sinxela de aplicar, está baseada en rexas trabes de defensa e ataque, e asemade a dificultade das estratexias e tácticas xurdidas crean ataques espectaculares,

Requirese valentía: atácante sen mesura, sen piedade: teste que defender para de vez ti atacar.

Sistema para estudar esta defensa: Suxírise un esquema simple para iniciarse nas ideas das aperturas mediante a lectura de verbas das caracteristicas básicas das distintas variantes que se practican, e ver enseguida varias partidas que servan nas súas cualidades didácticas.
Explicarase de maneira facil a meirande parte de plans xerais, e así destacar as partidas tensas e que nas análises das mesmas haxa interesantes variantes de aperturas e finais.

Desexaría que se me disculpara a escasa intelixibilidade da miña escritura, acaecida a causa da miña alta temperatura física. Graciñas anticipadas

E máis nada. Vale.

Etiquetas:

05 março 2007

As mulleres e o xadrez. Capítulo III

Os datos de afiliación son interesantes, pero agocha outra realidade: moitas veces as mulleres son inscritas de recheo, e a porcentaxe das xogadoras efectivas aínda míngua: Na xornada do Campionato por Equipos do pasado sábado, e segundo a páxina web da Federación, e arestora, cando quedan por contabilizar algunhas actas, podémonos achegar a ollar cantas mulleres xogaron.
No momento desta escrita constan que o pasado sábado 408 xogadores disputaron a súa partida, pero só 14 deses eran mulleres.

Etiquetas:

A boca da noite

Devezo pola chegada ás doce da Boca da Noite na Radio Galega. Só sei, veño de escoitalo na radio, que a dirixe Quico Cadaval. Con esa autoría sei que é probable a frustración inherente cando soñas coa perfección, porque bastantes dos mellores momentos ( intelectuais) que levo vividos nos últimos vinte anos débollos ao Carreirán.
Estaremos, sempre que poidamos, á escoita.

Etiquetas:

Regras e consellos sobre investigación científica

Ese é o título dun libro editado pola Libraría Beltrán de Madrid en 1940. O seu autor: Santiago Ramón y Cajal. Na servidume da era televisiva recoñezo que cando leo algo sobre Ramón y Cajal venme á cabeza a faciana de Adolfo Marsillach, ou penso no descoñecido político Juan Negrín.
Nese libro recolle un excelente consello que me permito traducir: "Mr. Billings, sabio bibliotecario de Washington, agobiado pola tarefa de clasificar miles de folletos, onde, con diverso estilo, dábanse a coñecer case os mesmos feitos ou expúñanse verdades xa de antigo sabidas, aconsellaba aos publicistas científicos a sumisión ás seguintes regras: 1ª, ter algo novo que dicir; 2ª, dicilo; 3ª, calar en canto queda dito; 4ª, dar a publicación título e orde axeitadas."

Etiquetas: